martes, 4 de febrero de 2014

Monitores LED










O monitor con tecnoloxía LED en vez de utilizar lámpadas fluorescentes de cátodos fríos (CCFL), que conteñen mercurio -un material vital nos sistemas CCFL pero tóxico para os humanos e agresivo co ambiente, e amplamente usado en pantallas LCD convencionais.

A tecnoloxía LED usan unha tecnoloxía que ofrece vantaxes sobre a tecnoloxía de iluminación convencional por lámpadas fluorescentes de cátodos fríos evitando dese modo a contaminación que provoca e as emisións de CO2. Ademais diminúen o consumo eléctrico deixándoo por debaixo do 50%.
Tamén achega vantaxes visuais con maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo moito antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade, e grises profundos, todo iso resulta en imaxes vibrantes e fluídas.
Son extrafinos, con espesores de ao redor de 20 mm, o cal fai que estes sexan máis lixeiros e ocupen aínda menos espazo.
En resumo, en xeral son de maior calidade, gastan menos enerxía, axudan a coidar o medio e presentan mellor imaxe que un LCD.

Reducen ruídos nas liñas eléctricas, son especiais para utilizarse con sistemas fotovoltaicos (paneis solares) en comparación con calquera outra tecnoloxía actual; non lles afecta o arranque intermitente (é dicir poden funcionar como luces estroboscópicas) e isto non reduce a súa vida media, son especiais para sistemas antiexplosión xa que contan cun material resistente, e na maioría das cores (a excepción dos ledes azuis), contan cun alto nivel de fiabilidade e duración.

Ten máis extras: capacidade 3D, entradas USB, soporte Wi-Fi, etc. a excelente variedade de cores que producen os ledes permitiu o desenvolvemento de novas pantallas electrónicas de texto monocromáticas, bicoloras, tricoloras...

1.Páxina de información

2.Páxina de información

No hay comentarios:

Publicar un comentario