viernes, 7 de febrero de 2014

Impresoras 3D





O proceso de impresión tridimensional é, fundamentalmente, en ir creando un prototipo capa por capa e dende abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o ordenador e vólvese repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.



As máis famosas impresoras tridimensionais o que fan é tomar un arquivo. È unha versión a cor. Os dous realízanse co proceso anteriormente explicado, no que se van compactando capa a capa.En realidade, o proceso de crear obxectos sólidos tridimensionais é máis sinxelo do que parece. Todo empeza cun concepto. Créase un "mapa" do obxecto a imprimir con axuda dun software
 
de modelado dixital. O programa divide o

obxecto en seccións para que lle sexa máis doado á impresora dixerir a información. Isto pode facerse na casa dende unha computadora, ou ben pódense descargar deseños pre-feitos

Posteriormente, o deseño é enviado á impresora 3D baixo a extensión de arquivo estándar. Unha vez completado este paso, elíxese o material que se utilizará dependendo da impresora. Empréganse variedades de plástico, papel, goma e diversos metais, entre outros. Finalmente, a impresora empeza a depositar o material sobre unha plataforma. Imaxina sobre montar rebandas de pan ata obter o pan enteiro. Algo similar sucede coa impresora; capa por capa, constrúe o obxecto de abaixo cara a arriba.Cada capa mide aproximadamente 0.1 mm, polo que se pode tardar horas, mesmo días, en completar o obxecto Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores. Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar duro e despois se somerxe nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.





martes, 4 de febrero de 2014

Monitores LED










O monitor con tecnoloxía LED en vez de utilizar lámpadas fluorescentes de cátodos fríos (CCFL), que conteñen mercurio -un material vital nos sistemas CCFL pero tóxico para os humanos e agresivo co ambiente, e amplamente usado en pantallas LCD convencionais.

A tecnoloxía LED usan unha tecnoloxía que ofrece vantaxes sobre a tecnoloxía de iluminación convencional por lámpadas fluorescentes de cátodos fríos evitando dese modo a contaminación que provoca e as emisións de CO2. Ademais diminúen o consumo eléctrico deixándoo por debaixo do 50%.
Tamén achega vantaxes visuais con maior uniformidade do brillo e de intensidade, alcanza o seu punto máximo de brillo moito antes que outras pantallas. Aumento do contraste dinámico, manexo máis depurado da luz por zonas e procesamento da cor, con negros e brancos de maior intensidade, e grises profundos, todo iso resulta en imaxes vibrantes e fluídas.
Son extrafinos, con espesores de ao redor de 20 mm, o cal fai que estes sexan máis lixeiros e ocupen aínda menos espazo.
En resumo, en xeral son de maior calidade, gastan menos enerxía, axudan a coidar o medio e presentan mellor imaxe que un LCD.

Reducen ruídos nas liñas eléctricas, son especiais para utilizarse con sistemas fotovoltaicos (paneis solares) en comparación con calquera outra tecnoloxía actual; non lles afecta o arranque intermitente (é dicir poden funcionar como luces estroboscópicas) e isto non reduce a súa vida media, son especiais para sistemas antiexplosión xa que contan cun material resistente, e na maioría das cores (a excepción dos ledes azuis), contan cun alto nivel de fiabilidade e duración.

Ten máis extras: capacidade 3D, entradas USB, soporte Wi-Fi, etc. a excelente variedade de cores que producen os ledes permitiu o desenvolvemento de novas pantallas electrónicas de texto monocromáticas, bicoloras, tricoloras...

1.Páxina de información

2.Páxina de información